A experiencia educativa do Centro de Formación Padre Piquer resulta tamén de grande interese máis, neste caso, son algo máis escéptica no que respecta á idoneidade de certos aspectos da mesma. En primeiro lugar, si considero moi positiva a idea de fomentar heteroxeneidade na aula, de incluír alumnos con distintas características, distintos ritmos de aprendizaxe... pero non estou tan segura de que incluír tal cantidade de alumnos (50/60) nunha aula sexa a forma más adecuada de facelo xa que pode dificultar a participación e a atención a todos eles. Por outra banda, a idea da aprendizaxe cooperativa non só entre alumnos senón tamén entre profesores é moi importante, unha moi boa forma de superar a soidade da docencia, de deixar atrás esa idea de “na miña clase mando eu” e poder comezar a aprender uns dos outros e sentirnos máis acollidos no noso traballo para evitar ese “síndrome do burnout” cada vez máis común entre os docentes.
Comments
Post a Comment