A experiencia educativa do IES Miguel Catalán resulta realmente interesante e inspiradora. Considero que esta idea de unir a aprendizaxe cos servizos comunitarios é innegabelmente positiva en todos os aspectos. Por unha parte, favorece a unha aprendizaxe moito máis significativa, evita esa habitual memorización de contidos que serán facilmente esquecidos nos días (ou nas horas) posteriores ao exame e fomenta a asimilación real dos mesmos a través da experiencia, de aprender facendo, de poñer en uso todo aquilo que se ha de estudar e ver a súa utilidade no mundo real. Por outra banda, deixando de lado xa eses famosos “contidos curriculares” que parecen obsesionar tanto á sociedade, esta experiencia educativa outorga a importancia que merece a esa outra función da escola que está continuamente ignorada: a de educar en valores, a de crear seres humanos felices e con habilidades para desenvolverse adecuadamente en sociedade e superar eses individualismo que parece non deixar de estenderse.
Comments
Post a Comment