O Colexio Verdemar é un centro educativo cántabro no que se desenvolven cooperativas escolares. As cooperativas son pequenas empresas de alumnos e alumnas que, orientados polos seus respectivos docentes, escollen un fin educativo e cívico arredor do cal constrúen un proxecto grupal co aprendido na clases. Considero que esta iniciativa é enormemente positiva para o alumnado, pois fomenta o traballo en equipo, con todo o que este implica (capacidade de debate, aprender a entenderse con opinións distintas, etc.), algo esencial para o axeitado desenvolvemento da súa vida en todos os ámbitos, non só no laboral. Ademais, o feito de que teñan que poñer en práctica dos contidos curriculares aprendidos na aula, facilita a aprendizaxe significativa, a interiorización efectiva deses contidos.
Alén diso, a través destas cooperativas o alumnado colabora con ONGs, ben sexa ofrecendo os seus servizos como voluntarios ou recursos económicos que obteñen a través da venda dos produtos que fabrican. Esta parte da iniciativa resulta moi interesante xa que demostra que non só se busca que o alumnado aprenda os contidos curriculares, senón que tamén fomenta valores como a solidariedade, responsabilidade ou a empatía. Así, os/as discentes son conscientes da súa capacidade de transformación social e poden ver de primeira man como poden aportar o seu gran de area para mellorar certos aspectos da sociedade na que viven.
Comments
Post a Comment